Sociedad
30-01-2007
O tradutor castelán-galego Es-GI chegará a 136 puntos da Administración do Estado en Galicia, por unha iniciativa posta en marcha por Política Lingüística. Este recurso permite a tradución inmediata dos documentos, ao contar cunha velocidade de 90 páxinas por minuto. De tódolos xeitos, e pese a que conta cunha alta calidade, é preciso que se revisen os textos para garantir a precisión da tradución.
Algúns dos puntos nos que están a recibir este tradutor son a Delegación do Goberno, as subdelegacións, o Centro Superior de Investigacións Científicas, AENA, o Ministerio de Fomento e o de Defensa así coma o de Administracións Públicas. Na actualidade, este tradutor está xa en máis de 1.000 puntos do eido da Xustiza, da Xunta e en breve estará dispoñible na Administración local, no eido educativo e noutras entidades, como asociacións e fundacións, segundo informa a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias