El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A fachada atlántica galega será candidata ao Patrimonio Cultural Europeo

O patrimonio cultural galego, entre as catro opcións de España ao novo recoñecemento da UE

01-02-2007

A fachada atlántica galega será candidata ao Patrimonio Cultural Europeo. Así o acordou en Madrid o Consello do Patrimonio Histórico Español, composto polos responsables de Patrimonio das comunidades autónomas e polo Ministerio de Cultura, a instancias do director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias. O Ministerio de Cultura presentará en Bruxelas o vindeiro mes de marzo as catro candidaturas do Estado, nas que ademais da fachada atlántica se atopan o Mosteiro de Yuste, o Arquivo histórico da Coroa de Aragón e a Residencia de Estudantes de Madrid. A candidatura galega podería obter así este novo recoñecemento da Unión Europea, que contribuiría á promoción do patrimonio cultural galego a nivel internacional e a fortalecer a sensibilidade social sobre a riqueza patrimonial de Galicia. As candidaturas dos Camiños de Santiago, da cultura castrexa e das antigas fortalezas transfronteirizas con Portugal presentadas pola Consellería foron desestimadas polo Consello do Patrimonio. Sen embargo, Cultura volverá apostar por este patrimonio en novembro, cando comecen a avaliarse as candidaturas para a seguinte edición. A fachada atlántica, dende Estaca de Bares ata a desembocadura do río Miño, foi considerada polas súas particularidades xeográficas e históricas, tanto da cultura material como da inmaterial, e pola relación co resto da fachada atlántica europea. Novo recoñecemento O selo "patrimonio europeo" é un novo recoñecemento que outorgará a Unión Europea aos bens culturais con carácter de conxunto e definidos pola súa identidade xeográfica e histórica e polo seu significado na construción da identidade europea. Contra mediados deste ano, a Unión Europea determinará cales dos candidatos se fan con este novo recoñecemento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias