El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Bayardo Quinto Núñez
Cartas al Director
José Manuel López García
Nacional

Máis de 7.600 persoas poderán elixir secretarios municipais de Podemos nas oito cidades galegas

06-12-2014 23:47:42

Polo menos 7.600 persoas están inscritas para elixir secretarios municipais de Podemos nas oito principais localidades de Galicia, sendo o municipio de Vigo o que rexistra o círculo máis numeroso, con máis de 2.250 persoas na última actualización, o que lle proporciona a opción de elixir 25 persoas para o seu consello cidadán.

Ademais, na Coruña hai 1.961 inscritos, polo que lle corresponde elixir 21 membros no seu consello cidadán; mentres que en Santiago de Compostela, con 743 persoas anotadas, escollerá un órgano de 17 persoas, ao igual que en Lugo (647), Ourense (605) e Pontevedra (504). En Ferrol, con 486 persoas anotadas neste censo, correspóndenlle 11 persoas no consello cidadán, ao igual que a Narón (244), unha localidade pegada ao municipio ferrolano. 

Vilagarcía de Arousa, pola súa banda, conta con 159 persoas anotadas e elixirá un consello composto por sete persoas. Este sábado arrancou a campaña electoral na que as candidaturas individuais ou integradas nunha lista terán ata o 25 de decembro para difundir o seu programa político e organizativo.Será entre o 26 e o 30 de decembro cando se poderá elixir as persoas do consello, os resultados do cal se darán a coñecer o 2 de xaneiro. AXENCIAS





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias