Os socialistas galegos criticaron hoxe no Parlamento a estratexia forestal da Xunta de Galicia e lembran que o conxunto do sector fixo “unha emenda á totalidade” á política da Consellería de Medio Rural. “As asociacións profesionais veñen de manifestar publicamente a súa disconformidade coa política desenvolvida pola Consellería de Medio Rural e do Mar no que afecta ó sector forestal, reclaman que se lles teña en conta á hora de planear políticas e accións que lles afectan directamente e lamentan o ninguneo ao que se vén sometidos a diario por responsables de dita consellería”, manifestou o deputado socialista Pablo García.
En concreto, García apuntou que “reclaman a axilización dos permisos de corta, xa que na actualidade existe unha auténtica carreira de obstáculos por todos os trámites que deben facer para poder ter a autorización; é necesario tramitar 15 permisos coas súas correspondentes taxas e avais para sacar a madeira do monte, en función do Concello do que se trate”.O deputado socialista considerou tamén o Plan forestal actual como “ineficiente e de costas á realidade forestal de Galicia”.
“As asociacións acusan tamén ao Goberno de desleixo de función polas restricións como consecuencia do Nemátodo que afecta ó Piñeiro”, engadiu.“Pasados xa máis de catro anos dende a detención do brote é preciso que o Goberno presente un informe en Bruxelas para solicitar o levantamento das medidas preventivas, pero este feito se vén aprazando de forma inexplicable; uns 6.000 propietarios e 40 empresas se encontran con este problema con unhas perdas millonarias”, manifestou García.
“Na reunión que mantivo a conselleira no mes de novembro co sector, esta se comprometerá a dar unha resposta rápida tanto o tema dos permisos como unha resposta clara no que respecta o levantamento das medidas cautelares que afectan ao piñeiro como consecuencia do nematodo; pasados case catro meses dende entonces, segue sen haber unha concreción e segue sen trasladarselle ao sector”, aseverou.
Pablo Garcia tamén lle recordou ao secretario xeral de Montes, Tomás Fernández Couto, que todo o sector “había manifestado claramente a ausencia total de diálogo e participación na elaboración do PDR, así como o rexeitamento total ao documento presentado e a disconformidade total coa política contraincendios que ven desenvolvendo a Xunta”.
“En definitiva, todo o sector fai unha emenda á totalidade da política que vén levando a cabo a Consellería de Medio Rural no que respecta ó sector forestal, e a sinala como principal obstaculizadora do desenvolvemento do mesmo”, rematou García. Nas súas respostas, Fernández Couto non foi quen de concretar solucións aos problemas do sector expostos polo PSdeG.