El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Bayardo Quinto Núñez
Nacional

AXUDAS

160 millóns ao sector agrogandeiro en axudas do primeiro Piar PAC

15-03-2015 19:01:28

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), fará chegar este ano 160 millóns de euros ao sector agrogandeiro a través dos pagamentos directos do primeiro piar da Política Agraria Común. Destes pagamentos beneficiaranse uns 33.000 agricultores galegos. 

 O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a orde pola que se regula a aplicación destes pagamentos e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Estas son todas as axudas da PAC de aplicación en Galicia e que se pagan en base a superficies ou animais. 

 En relación aos pagamentos directos, a raíz da reforma da PAC aprobada a finais de 2013 aparecen novos pagamentos deste tipo (pago básico, pago verde, axudas asociadas para: vacún de leite, vacas nutrices, vacún de cebo, ovino-cabrún, etc.). 

Estas axudas fináncianse a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA). En canto ás axudas de desenvolvemento rural, é dicir, as do segundo piar da PAC, a Consellería fará chegar aos agricultores arredor de 25 millóns de euros anuais dos que se beneficiarán uns 8.500 agricultores. 

Este apartado cofinánciase mediante o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e comprende medidas do PDR de Galicia 2007-2013, en concreto, as indemnizacións compensatorias e os pagos das primas de mantemento asociadas ás axudas de forestación concedidas en anos anteriores, e do PDR de Galicia 2014-2020, que está en fase de aprobación pola Comisión Europea. Neste caso convócanse dúas axudas plurianuais que son as de Agroambiente e clima e as de Agricultura ecolóxica. 


Solicitudes 

Os interesados en cursala solicitude poderán consultar os requisitos e documentación esixida na orde que publicou o DOG o 11 de marzo. As solicitudes presentaranse exclusivamente por vía telemática, ben directamente polos interesados ou a través de entidades colaboradoras (bancos ou caixas de aforro que teñan sucursais abertas en Galicia, organizacións profesionais agrarias implantadas en Galicia e entidades de aconsellamento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia -Resaxega-). 

O prazo para solicitar estas axudas esténdese ata o próximo 15 de maio. Para máis información, os interesados poden dirixirse ás Oficinas Agrarias Comarcais ou aos servizos territoriais do Fogga, así como asistir as charlas informativas que a Consellería do Medio Rural e do Mar está impartindo e impartirá nas próximas semanas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias