O rexistro de precipitacións que
elabora MeteoGalicia permite afirmar que o pasado inverno o Concello
de Guitiriz foi o municipio galego no que se rexistrou o maior volume
de chuvia por metro cadrado, ao rexistrarse un total de 70 L/m2.
Estes valores altos de precipitación tamén se rexistraron nas
comarcas de Terra de Soneira, Xallas e Fisterra. Pola contra os
valores máis baixos acadáronse na provincia de Ourense.
Este é un dos datos que se extraen do
informe meteorolóxico elaborado por MeteoGalicia do inverno
2014-2015, no que se indica que no mes de decembro predominaron os
días secos en toda a Comunidade, que se reflectiu tanto na
precipitación acumulada como no número de días de chuvia, que
estiveron moi por debaixo dos valores normais para estas variables.
Así, só houbo dous días con precipitacións xeneralizadas e ventos
do suroeste. Os demais episodios, con escasa precipitación, foron
provocados ben polas fontes que chegaban do norte ou pola presenza de
aire frío en altura.
Xaneiro foi un mes, que en termos
xerais, pode caracterizarse como normal. Aínda así destacan dúas
xornadas de precipitacións elevadas, as do 15 e o 30 doo mes.
O
inverno rematou cun febreiro no que a precipitación estivo entre a
normalidade e a escaseza en xeral, sen embargo, a meirande parte das
choivas estiveron asociadas a ventos do norte e masas de aire frío,
os valores de precipitacións máis altos rexistráronse no norte das
provincias de Lugo e A Coruña, para as que o mes chegou a ser
húmido.
En relación coa temperatura, o inverno
comezou en decembro lixeiramente frío, con rexistros de temperatura
media moi próximos aos valores normais. As entradas de aire
procedentes do norte, máis húmidas a mediados do me e máis secas
cara ao final, fixeron que se deran temperaturas baixas, que
compensaron aquelas xornadas do mes con temperaturas, máis elevadas.
A normalidade tamén foi a tónica
xeral nos rexistros de temperatura para o mes de xaneiro de 2015, no
que os períodos anticiclónicos fóronse compensando cos de borrasca
e chuvia. O frío chegou no mes de febreiro, con numerosos días de
neve nas montañas e temperaturas nalgúns puntos que non chegaban
aos 0ºC.
Tendo en conta as temperaturas medias para o inverno
2014-2015 nas zonas da alta montaña ourensá como Cabeza de
Manzaneda ou pena Trevinca acadáronse os valores máis baixos de
temperatura.
No Informe Climatolóxico do inverno
2014-2015, de acceso público a través da páxina web de
MeteoGalicia, pódense ampliar esta información.