Xa están
dispoñibles os billetes para viaxar o próximo mes de agosto no Tren
do Peregrino, unha das grandes novidades do programa ‘Galicia a
todo tren’ que Turismo de Galicia promove en colaboración con
Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).
Trátase dun
trenhotel que realizará catro saídas de cinco días -catro noites-
ao longo do mes de agosto a Galicia, en concreto os días 6, 13, 20 e
27.
O Tren do
Peregrino sairá de Madrid con destino Santiago de Compostela onde
chegará tras percorrer un traxecto do Camiño que abrangue tres
etapas que os viaxeiros poderán facer a pé ou na súa bicicleta,
coa que poden viaxar a bordo.
Dende a estación
na que o tren se detivese ata o lugar onde se inicia a etapa da Ruta
Xacobea os viaxeiros serán trasladados nun autobús que os
acompañará no seu traxecto para os desprazamentos que sexan
necesarios.
Esta nova opción
que vivir a experiencia única que supón o Camiño de Santiago,
inclúe o aloxamento nunha cabina de Gran Clase con baño completo,
os almorzos e dúas ceas que se servirán a bordo do tren a primeira
e a última noite da viaxe.
Así mesmo unha selección de excursións,
actividades e visitas culturais completan a viaxe.
O concepto do
Tren do Peregrino responde ao dun hotel en movemento que dispón de
cuartos con baño completo para pasar a noite, un coche cafetaría,
dous coches restaurante e outro coche máis acondicionado para o ocio
ou os faladoiros.
Trátase dunha
oferta atractiva que ofrece a posibilidade de percorrer o Camiño de
Santiago, combinando natureza, cultura e gastronomía, a un prezo
competitivo.
A comodidade que
supón contar co transporte e o aloxamento nun só produto moderno e
confortable é a esencia deste produto turístico.
Galicia
a todo tren
O Tren do Peregrino forma parte do
programa ‘Galicia a todo Tren’, un proxecto turístico pioneiro
que este ano celebra xa a súa terceira edición.
Esta innovador programa que proporciona
ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos
máis singulares de Galicia, ofrece sete rutas que permiten descubrir
as diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas: a Ruta dos
Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do
Viño que recorrerán os distintos territorios onde se producen as
denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra,
Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.
Así mesmo, como novidade nesta
edición, ademais do Tren do Peregrino, este programa inclúe o Tren
dos Balnearios, unha nova posibilidade dirixida a maiores de 50 anos
que brindará a posibilidade de aloxarse durante seis días, en
réxime de pensión completa, nos balnearios ourensáns de Laias,
Carballiño, Arnoia, Baños de Molgas o Lobios e realizar circuítos
culturais pola zona elixida.
Continúa tamén nesta nova edición o
Galicia Rail Pass que un ano máis permitirá a peregrinos e turistas
que cheguen a Galicia en trens de largo percorrido ou co pase dos
trens turísticos utilizar os trens da rede de Renfe en Galicia
cantas veces queiran durante tres días en fins de semana, pontes e
festivos, e na temporada de verán.
Tamén, chegará a Galicia un verán
máis o Tren Al Andalus que percorrerá no mes de xullo o traxecto
León – Santiago de Compostela.