El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Feijóo: "Galicia está do lado da solidariedade, dos vínculos e da ausencia de discriminacións"

04-05-2015 10:59:25
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que na súa condición de nacionalidade histórica, “Galicia está do lado da solidariedade, dos vínculos e da ausencia de discriminacións”.   

Durante a presentación de José Antonio Monago no marco do almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, Feijóo afirmou que ante cada novo proxecto ou ocorrencia en torno á reforma territorial do Estado, as preguntas han de ser sempre as mesmas: incrementa ou diminúe a solidariedade?; estreita vínculos ou fainos máis tenues?; asocia asimetrías con privilexios?, ao que engadiu que España faise sumando, “comunidade a comunidade”.   

Nesta liña, e fronte aos que poñen en cuestión esta idea, o presidente da Xunta de Galicia lembrou o momento histórico do 78, “no que a historia de España se desvía do que parecía un curso natural que a levaba de enfrontamento en enfrontamento, para encarrilarse cara ao entendemento”, dixo, logo de precisar que desde “a revolución do 78”, España multiplicou talento, convivencia, desenvolvemento e benestar.   

Para que iso se perpetúe, Feijóo afirmou que o político democrático ha de reunir as doses axeitadas de corazón e cabeza, xa que “sen ideas e sen principios –aseverou-, a política democrática ten os alicerces débiles e está exposta ás mensaxes dos falsos mesías”.   

O responsable autonómico concluíu a súa intervención referíndose a José Antonio Monago como un presidente dunha comunidade que atesoura experiencia en todas as administracións e que gobernou Estremadura con corazón e con cabeza, con paixón e pragmatismo, e con ilusión e realismo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias