El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SEMANA VERDE DE SILLEDA

Feijóo participou no acto de inauguración da Semana Verde de Galicia

11-06-2015 20:18:21

Silleda / Pontevedra. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe, no acto inaugural da XXXVIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que esta institución pode seguir crecendo grazas “á estabilidade financeira, xurídica e institucional”, algo que parecía impensable hai uns anos.   

Nesta liña, o titular do Goberno galego fixo fincapé nos logros acadados pola Fundación Semana Verde no último ano e que, segundo asegurou, demostran que o plan de viabilidade da Xunta estase a executar conforme ao previsto.   

Así, puxo en valor o acordo asinado coa construtora do recinto o pasado mes de novembro, que poñía fin a un litixio que duraba décadas; o feito de que a Fundación e o Concello de Silleda puxesen fin ás débedas entre eles; e o acordo de colaboración con Abanca, que achegará durante os próximos tres anos 450.000 euros que permitirán que a feira siga crecendo.   

Segundo manifestou Feijóo, a estabilidade dá os seus froitos e apuntou que: en 2014 a Semana Verde contou co dobre de eventos que o ano anterior e as outras grandes feiras, Galiforest e Gandagro, incrementaron os seus beneficios. “E, neste ano 2015, está previsto que se superen os bos datos do ano pasado”, engadiu.   Durante a súa intervención Feijóo destacou que, hoxe, arranca unha Feira que vai utilizar máis de 70.000 metros cadrados de superficie bruta, un 25 por cento máis do que se viña empregando nos pasados anos.   

Para o presidente da Xunta, este rexurdir da Semana Verde plásmase nos espazos que, despois de décadas de abandono, vólvense a utilizar desde o ano pasado e que son máis de 10.000 metros cadrados que volven acoller eventos.   Do mesmo xeito, Feijóo puxo en valor a labor de recuperación que coordinou a Dirección Xeral de Conservación da Natureza no lago do recinto, que pode volver a empregarse para as actividades que teñen que ver coa pesca e, durante o resto do ano, está a disposición dos cidadáns.   


A Semana Verde, unha feira de feiras 

O titular do Goberno galego sinalou que, grazas ás melloras realizadas, consolidouse o recinto feiral de Silleda como un espazo amplo á par que diverso e impulsouse a Semana Verde como unha feira de feiras.   

Neste senso, fixo fincapé en que, para a edición deste ano, promoveuse a feira gandeira, que é a verdadeira raíz do evento; celebrarase a segunda edición da Feira de Caza e Pesca, que busca promover un sector que debe servir como instrumento de dinamización do medio rural; e volve celebrarse o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat, que crece substancialmente respecto ao ano pasado, posto que chegarán a Silleda o dobre de importadores que o ano pasado. Así mesmo, Feijóo apuntou que, acompañando a estas actividades centrais, celebraranse actividades lúdicas e comerciais para toda a familia.   

Con respecto a isto, o presidente da Xunta recalcou que, nos vindeiros días, Silleda terá un lugar destacado no mapa español, pois acollerá a maior feira multisectorial de mostras e ocio do noroeste da península. Segundo puxo de manifesto, poucos eventos poden presumir de ter entrada gratuíta e organizar máis de 150 actividades, como a Semana Verde.   


O primeiro día do futuro da Semana Verde 

Alberto Núñez Feijóo asegurou que, tras un ano de transición como foi 2014, esta inauguración da edición de 2015 é o primeiro ano do futuro da nova feira Semana Verde, xa que comeza unha nova etapa para este recinto.   

Do mesmo xeito, o presidente agradeceu ao persoal da Semana Verde e á dirección e ao Padroado da Fundación o seu esforzo e vontade de seguir traballando e sacar adiante a institución. Así mesmo, agradeceu ao Concello de Silleda e á Deputación de Pontevedra a súa colaboración coa Xunta para dar apoio institucional, xurídico e económico a este evento.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias