Vigo
acollerá o vindeiro
martes 16 de xuño as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015, organizadas polo
Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense, en
colaboración cos Institutos de Investigación Sanitaria de Santiago e Coruña.
Este
relevante evento investigador de ámbito autonómico celebraráse no Auditorio do e
congregará a máis de 200 axentes galegos da xeración e transferencia de
coñecemento no campo da saúde, que participarán activamente presentando as súas
liñas e resultados de investigación biomédica.
Nestas
xornadas poránse en práctica a experiencia acumulada polas entidades
organizadoras, cun tempo especialmente dedicado á presentación de comunicacións
orais -presentáronse un total de 75- e en formato póster -presentáronse 81-,
ademáis concederánse dous premios ás mellores comunicacións orais e dous ós
mellores pósters (un deles reservado para investigadores/as predoctorais) e
contaráse con conferenciantes destacados do mundo da investigación e a
administración pública.
Así,
as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015 contará coa presencia da
conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez na inauguración oficial ás 9,30
horas, e nela estará acompañada polo xerente de Xestión Integrada de Vigo,
Félix Rubial Bernárdez; o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la
Iglesia, e os directores dos tres Institutos de Investigación Biomédica de
Galicia.
Relevantes conferencias
O
programa das terceiras xornadas BioIntegraSaúde 2015 inclúe -ademáis de
comunicacións, presentación de posters e unha sesión científica- dúas
relevantes conferencias, que correrán a cargo da directora xeral de Innovación
e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Sonia Martínez Arca; e
do director xeral do Instituto de Salud Carlos III, D. Jesús Fernández
Crespo. Ambos poñentes incidirán na presentación de líñas e resultados de
investigación no eido da saúde.
Segundo
destaca o director científico do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo,
Pontevedra e Ourense, Jose Ramón Fernández Lorenzo “este Instituto de
Investigación Biomédica creouse en 2008 mediante a sinatura dun acordo de
colaboración entre a Universidade de Vigo e do Complexo Hospitalario
Universitario de Vigo, co obxectivo de desenvolver a investigación biomédica
traslacional, en base ao principio de que o desenvolvemento da investigación
biomédica, debe facerse en estreito contacto e colaboración entre o sistema de
saúde e o sistema docente investigador da universidade”.
A
través dunha estreita colaboración entre grupos de investigación básica e
clínica, o Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense
garante a efectiva implantación dos resultados da investigación en termos de
beneficios para a saúde dos cidadáns, tanto directamente a través dunha mellora
na prevención, diagnóstico, tratamento e seguimento da enfermidade como,
indirectamente por facilitar a colaboración coas empresas farmacéuticas e de
biotecnoloxía.
O
Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense pretende ser
a plataforma que inclúa a todos os investigadores biomédicos na área de Vigo,
creando un núcleo de investigación nunha rexión estratéxica, polas súas
condicións socioeconómicas e a súa proximidade con Portugal.
Máis
información dispoñible na páxina Web do Instituto de Investigación Biomédica de
Vigo, Pontevedra e Ourense www.ibivigo.es