Xa están vendidas todas as entradas para o concerto que Dulce Pontes dará no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 21 de febreiro. Sen embargo, aínda quedan localidades dispoñibles para o recital da cantante portuguesa en Ourense o vindeiro 14 deste mes, segundo informou a Fundación Caixa Galicia nun comunicado. A xira española de Pontes comezará o mércores no Auditorio Municipal de Ourense e continuará unha semana despois no Teatro Colón da cidade herculina. As entradas para asistir á actuación de Dulce Pontes en Ourense pódense adquirir ao prezo de 20 euros. O espectáculo leva o mesmo título có último álbum da voz lusa, "El corazón tiene tres puertas", editado o pasado ano en Portugal co selo propio da artista. O fado, o folclore portugués, a improvisación, o intimismo e a poesía continúan presentes no novo traballo de Dulce Pontes.