El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

A Xunta renova a colaboración coas universidades

28-06-2015 12:24:36

A Vicepresidencia da Xunta vén de renovar o convenio de colaboración co Sistema de Universidades Galegas para a consolidación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, cunha achega de máis de 100.000 euros.   

O obxectivo principal deste convenio é mellorar o posicionamento do Sistema Universitario de Galicia a través do apoio á consolidación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD), como un instrumento de dinamización e apoio da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD) e da Educación para o Desenvolvemento (EpD).   

A Xunta, seguindo esta liña de axudas, achegará un total de 102.633 euros as tres universidades que conforman o SUG (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña). O convenio asinado, polo que se renova esta colaboración, regula as condicións que rexerán a cooperación entre ambas entidades.   

Esta non é a primeira vez que a Xunta e as universidades galegas traballan xuntas en materia de cooperación para o desenvolvemento. Entre os anos 2004-2011, o Goberno galego colaborou coa USC e a UDC para a realización de actividades de formación e sensibilización en materia de cooperación para o desenvolvemento no ámbito universitario, achegando máis de 850.000 euros.   

O Sistema Universitario Galego ten un gran potencial na xeración do coñecemento experto, así como unha capacidade notable para constituírse en espazos de formación, tanto de saberes técnicos como de valores cidadáns. Estas calidades converten as universidades nun axente de cooperación fundamental de cara á consecución do obxectivo xeral de incrementar o apoio á investigación e á formación no sector da cooperación.   

Esta colaboración enmarcase no III Plan Director de Cooperación Galega 2014-2017, que aposta polo fortalecemento do papel das universidades para apoiar a formación e capacitación especializada e para a promoción da investigación no ámbito universitario. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias