El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Susana López Abella abriu as XV Xornadas Mulleres en Acción

11-07-2015 18:12:02
XV Xornadas Mulleres en Acción.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta tarde as XV Xornadas Mulleres en Acción: U-las actrices?, onde reivindicou a non discriminación e a igualdade das mulleres no mercado laboral.     

No marco da inauguración, López Abella resaltou a necesidade de defender a igualdade de oportunidades nos postos de dirección e decisión, promover unha imaxe non sesgada e máis real da muller nos medios audiovisuais e fomentar a presenza paritaria de mulleres en todas as áreas públicas relacionadas cos medios audiovisuais.   

A secretaria xeral da Igualdade tamén quixo incidir no que atinxe a brecha salarial en Galicia entre mulleres e homes, pois, segundo o INE, mentres que no ano 2013 os salarios dos varóns decreceron nun 2,1 por cento o das mulleres é aínda máis acusado, cun descenso do 3,2 por cento. Neste mesmo ano, o 10,2 por cento dos varóns tivo ingresos salariais menores ou iguais ao salario mínimo interprofesional, fronte ao 18,5 por cen das mulleres. Os datos de ocupación, a nivel nacional, son aínda máis críticos, só o sete por cen dos directores, o quince por cento dos produtores e o dez por cen dos guionistas son mulleres.   

Neste senso, recordou discursos de actrices de renome como Patricia Arquette ou Cate Blanchet nos que tamén denunciaban a diferencial salarial, as preguntas constantes sobre a súa condición de nai e actriz, aducindo que esta era unha cuestión que só se formulaba ás mulleres, e onde recordaban a loita histórica polos dereitos de todos os colectivo, sendo este o momento de loitar polos das mulleres.   

Dende a secretaría xeral da Igualdade traballase para camiñar cara unha cultura igualitaria e con perspectiva de xénero, sendo, o obxectivo desta xornada, o de sensibilizar o sector e reflexionar sobre a brecha laboral que, en pleno século XXI, padecen as profesionais das artes escénicas e do audiovisual no só en Galicia, senón tamén en España, Europa e nos EEUU.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias