El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Feijóo preside a celebración do Día de Galicia en Madrid

14-07-2015 12:26:54

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o “traballo diario e honestidade imperturbable” das persoas que axudan a facer “unha Galicia mellor”, naceran ou non nesta comunidade, pois “non fai falla ser galego para amar Galicia, nin fai falla ser galego para defendela, apoiala e engrandecela”.   

Feijóo outorgou, durante a celebración do Día de Galicia en Madrid, as distincións que entrega anualmente a Casa de Galicia a persoas que, desde as súas respectivas responsabilidades, colaboran con este organismo. Todos eles forman parte “dese amplo grupo de galegos, de nacemento ou de adopción, que honrades a Galicia, que facedes da vosa tarefa diaria unha ferramenta para recuperar os mellores valores da nosa terra”.   



Os galardoados 

Os galardoados  proveñen do mundo da Xustiza (o maxistrado do Tribunal Supremo Cándido Conde-Pumpido), das Forzas e Corpos de Seguridade (o xeneral da Garda Civil Gregorio Francisco Guerra), da diplomacia (os embaixadores dos EUA e Xapón, James Costos e Kazuhiko Koshikawa, respectivamente), da Administración (o ex subsecretario de Interior Juan José Izarra e o ex secretario de Estado de Seguridade Ricardo Martí), das Artes (o escultor Santiago de Santiago), da Medicina (o urólogo Luis Miguel Falcón), dos medios de comunicación (a presentadora Silvia Jato e os xornalistas Victoria Prego e Lois Caeiro) e da Universidade (o presidente da Fundación Universitaria San Pablo CEU, Carlos Romero, e a profesora de Dereito Civil María Fátima Yáñez).     

“Por cada persoa que decepcione o por cada situación que preocupe a un dos nosos compatriotas, hai moitos máis exemplos, en calquera faceta e disciplina, que poden devolverlle a seguridade á nosa terra”, dixo o presidente da Xunta. “No noso mundo a verdade non desaparece —concluíu—, é un tesouro que garda cada galego bo e xeneroso”.         





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias