El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

ESQUERDA UNIDA

Yolanda Díaz: "Grazas as políticas de emprego do PP, os traballadores teñen que firmar contratos baseados na miseria"

04-08-2015 17:13:06

A temporada estival é unha das épocas que permite unha alentadora lectura para o mercado laboral. As vacacións ou o turismo fan que o traballo temporal, concretamente o relacionado co sector da hostalería, descenda (en case un 70%) as cifras do paro en Galicia, onde 12.691 persoas atoparon traballo no pasado mes de xullo.   

No entanto, dende Esquerda Unida queremos recalcar que esta cifra non pode venderse xamais como un “éxito ou avance”, senón todo o contrario:  é un serio retroceso en dereitos laborais e un reflexo do fracaso das políticas de emprego do Partido Popular, nas que os contratos temporais e precarios que se firman na actualidade fan que atopar un traballo digno, hoxe en día, sexa unha utopía.   

“Que tipo de emprego queremos crear, escravo ou traballo de calidade?”, pregúntase Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida. Para ela, a lectura dos datos de emprego está moi clara. “A proporción de traballadores con contrato temporal aumentou notablemente durante o goberno do PP. A duración dos novos contratos temporais é de 54 días de media, cando en 2008 era de 78 días”, apunta. “Agora, grazas as políticas de emprego do PP, os traballadores e as traballadoras teñen que firmar contratos baseados na miseria, precaridade e a desigualdade, contratos que rematan cos dereitos fundamentais das persoas ”, sinala.       
Este mes tamén é especialmente cruel en termos de xénero. De acordo cos datos feitos públicos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as mulleres concentran o maior número de desemprego en Galicia, un total de 117.771 fronte a 98.600 no caso dos homes.   

Para Díaz, “moitas mulleres traballadoras viven hoxe situacións de extrema precariedade. A maioría conforman  o último elo da cadea laboral, sofren sobreexplotación e cada vez están máis desprotexidas dos abusos empresariais”. “Amais, as medidas de austeridade do PP conducen a moitas mulleres ao traballo mergullado. Neste senso, de continuar coas actuais políticas neoliberais de desregulación das condicións de traballo e de recorte dos salarios, tristemente, nunca chegaremos a acadar a igualdade”, remata.        





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias