El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

O XOVES

Comeza o curso escolar de Educación Infantil, Primaria e Especial

05-09-2015 13:19:36


Este mércores, 10 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 202.476 alumnos e alumnas, o que supón un 0,01% menos ca no curso 2014/2015, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar. 


Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 64.350 alumnos e alumnas comezarán o 10 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 1,7% menos ca no curso 2014/2015. 

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 136.779 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,86% máis ca no curso 2014/2015.


Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.347, case un 2 % menos ca no 2014/2015.



Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de usuarios de comedor escolar será de 72.016, sumando os de comedores xestionados directamente pola Consellería, e por ANPAs e Concellos. En total o departamento educativo da Xunta xestiona de forma directa 302 comedores escolares e de forma indirecta – a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- outros 133. Pola súa banda as ANPAS son responsables de 136 comedores e os Concellos de 42.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións- a 93.190 alumnas e alumnos de 784 centros públicos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias