A
coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de AGE, Yolanda Díaz, esixe “depuracións
das responsabilidades tanto políticas como xudiciais. Parece que sae barato
rematar co aforro dos galegos e das galegas, “xa que todos os banqueiros causantes desta gran estafa, e desta crise,
están libres e desfrutando do roubado. Este país non será normal ata que
estes sinvergüenzas pasen pola cárcere e, unha condena de 24 meses, non obriga
a facelo”, critica Yolanda Díaz nada máis saber a nova que abre as portadas
desta mañá: a Audiencia Nacional condena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez
Estrada polo caso das indemnizacións millonarias.
“Como dixo Lesmes, temos unha xustiza pensada para
perseguir aos roba-galiñas, xa que os delincuentes de luva branca non pasan
pola cadea e si o fan, por exemplo, a cidadanía xulgada pola nova lei Mordaza;
o que é vergoñento”, sinala Díaz.
“É por isto que dende
Esquerda Unida esiximos depuracións das responsabilidades tanto políticas como
xudiciais e non só polas indemnizacións millonarias, senón polo burato de máis de 10 mil millóns de euros que paga Juan pobo”,
apunta Yolanda Díaz. É por isto que instamos a Feijóo a que reabra e culmine o
traballo da comisión de investigación das caixas de Galicia, senón, que ten que ocultar o presidente?”,
pregunta a deputada.