El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Fernández Vázquez, novo membro do Consello Consultivo de Galicia

22-10-2015 15:53:50

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe ao Consello da Xunta do decreto que designa a José Antonio Fernández Vázquez, como novo membro do Consello Consultivo de Galicia. Fernández Vázquez era ata o de agora secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.   

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu anteriormente como Letrado-Asesor xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza. E en 1993 foi nomeado secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.   

Ostentou o cargo de secretario da Administración Local no ano 1981, e tamén foi funcionario da escala de Letrados da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. Máis tarde ingresou no corpo superior da Administración da Xunta, no 1991.   

Ademais, exerceu de secretario do Concello de Bueu entre os anos 1982 e 1988, e de asesor xurídico da Consellería de Economía e Facenda entre 1989 e 1990. Posteriormente foi nomeado secretario xeral Técnico da Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda, posto no que estivo ao longo de tres anos.        





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias