Sociedad
13-02-2007
Oito candidatos optan ao III Premio José Couso de Liberdade de Prensa, segundo informou o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Cpxg). Os candidatos son César Hildebrant, Felipe Suárez, Gervasio Sánchez, Gorka Landaburu e o xornal Euskadunon Egunkaria, Jon Lee Anderson, as fotoxornalistas Marisa Flórez e Queca Campillo, Tomás Alcoverro e Pedro Nolasco.
O prazo de votacións para elixir o gañador comeza hoxe. O xurado, composto polos membros do Cpxg e os asociados do Club de Prensa de Ferrol, votarán dende hoxe por correo ordinario. Os votos serán admitidos ata o 22 de marzo, e a continuación abrirase o prazo para votar por internet, que se pecha o 28 de marzo. O gañador darase a coñecer o vindeiro 10 de abril e recibirá a escultura As Ceibes, creada por Manuel Patinha, nunha gala que se celebrará en Ferrol no mes de maio.
O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol organizan, co apoio de Caixanova, o premio para recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou institución viva destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional. Nas dúas primeiras edicións obtiveron a distinción o xornalista marroquí Ali Lmrabet e o xornal francés Le Monde Diplomatique.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias