Cun 70% de voto
afirmativo, o 80% das asembleas comarcais de Esquerda Unida constituídas en Galicia
ratificaron o acordo político de converxencia con outros suxeitos cos que
compartimos espazos de unidade popular. Este é o resultado do
traballo que Esquerda Unida priorizou co fin de dar continuidade ao proceso de
acumulación de forzas para este proceso electoral do 20 de decembro.
Dende Esquerda Unida
queremos agradecer á nosa militancia e simpatizantes o seu esforzo, traballo e
altura de miras políticas para dar continuidade ao proceso de acumulación de
forzas para o 20 de decembro. Hoxe asinaremos a coalición
e, estes días, seguiremos traballando na candidatura de consenso que
presentaremos antes do día 16 de novembro.