El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Besteiro: “O PP de Fejóo xa non é un referente nin para o seu partido"

22-12-2015 19:29:38

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou esta tarde en Santiago que “as eleccións xerais deixaron claro que o PP de Feijóo xa non é un referente nin para o seu partido”. 

En rolda de prensa tras a reunión da Executiva dos socialistas galegos, Besteiro manifestou que “o PSdeG cumpriu os seus obxectivos de manter os seis deputados no Congreso, mentres que o PP tivo peor porcentaxe de voto en Galicia que en Castela León, Castela A Mancha, Murcia, Cantabria ou a Rioxa”.   

“Os socialistas sempre queremos mellores resultados e temos que traballar para aumentar o voto urbano nun escenario de fragmentación na esquerda”, apuntou o líder do PSdeG, que anunciou a celebración dun Comité Nacional Galego dos socialistas o próximo 9 de xaneiro.                                          
O secretario xeral do PSdeG, que esta mañá estivo cos mariñeiros do cerco acampados diante de San Caetano, tal e como prometeu en campaña, aseverou a preguntas dos medios de comunicación sobre o novo escenario político que “un dos temas que haberá que saber non son as condicións que poña Pablo Iglesias para posibles pactos, senón as condicións que os subgrupos da coalición lle poñen a Pablo Iglesias”.   

Por outra parte, a Executiva trasladoulle ao grupo parlamentario a proposta de Modesto Pose Mesura para ocupar o posto de senador por designación autonómica. Licenciado en Mediciña e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é inspector médico do Sergas e foi deputado no Parlamento galego desde o ano 2001 ata 2012. Foi tamén concelleiro, secretario comarcal de Arousa e secretario xeral provincial de Pontevedra.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias