El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

NO 2016

O Banco de Terras manterá os prezos para o arrendamento de fincas

27-12-2015 11:48:18

O Banco de Terras manterá no 2016 os prezos de referencia para o arrendamento de fincas, co fin de seguir favorecendo a mobilidade e o acceso á terra agrícola e gandeira. Así o aprobou por unanimidade, na súa última xuntanza de traballo, a Comisión Técnica de Prezos e Valores. Neste órgano, presidido polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, están representadas as organizacións profesionais agrarias, a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Dirección Xeral do Catastro, as cooperativas e distintos departamentos da Xunta de Galicia.   

Nesta encontro expuxéronse as actividades levadas a cabo polo Banco de Terras no último ano e, para as fincas que se arrenden no vindeiro 2016 a través desta ferramenta, acordouse o mantemento dos prezos de garantía e referencia vixentes no ano 2015. Tamén se valorou de xeito positivo o resultado dos cambios levados a cabo no 2015 por esta comisión nos prezos de referencia, unha vez os mesmos se aproximaron á realidade dos prezos ofertados polos gandeiros e agricultores á hora de optar a unha finca do Banco de Terras.   

Na xuntanza informouse de que se está traballando nunha nova metodoloxía para a valoración e taxación dos predios de titularidade da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Este traballo, xunto co resultado do proxecto denominado “Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial”, realizado por AGADER, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela, presentado no primeiro trimestre de 2015, deberá ser tido en conta á hora de abordar futuras evolucións de prezos.   

O director xeral de Desenvolvemento Rural aproveitou para expoñer a necesidade de chegar a consensos co fin de favorecer a mobilidade das terras e favorecer así o redimensionamento das explotacións, tendo como finalidade a loita contra o abandono e seguir apoiando o sector primario.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias