El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Fernando Merino de Lucas
Sociedad

A intervención psicolóxica reduce as dificultades da dislexia

20-01-2016 16:37:59

Máis de sesenta profesionais da psicoloxía educativa participan este venres 22 e sábado 23 de xaneiro no obradoiro "Prevención, diagnóstico e intervención en dislexia", que organiza a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A través da actividade que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela preténdese abordar este trastorno que aparece na infancia e que afecta a entre un 5% e un 10% dos nenos e nenas en Galicia.

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura de carácter persistente e que se atopa detrás dunha importante parte do fracaso escolar. Polos seus efectos, adoita ter asociados problemas académicos, de autoestima e de adaptación na etapa escolar, por iso neste obradoiro foméntase a aprendizaxe sobre como realizar un correcto diagnóstico e o traballo tanto nos centros educativos e gabinetes de psicoloxía como no ámbito familiar.

A docente será a psicóloga Iria Calleja Barcia, profesora-titora da UNED no Grao Universitario en Psicoloxía nas áreas de Metodoloxía, Desenvolvemento e Clínica, e que conta cun Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social. A metodoloxía da formación será eminentemente práctica, con casos concretos e actividades paracoñecer máis sobre o diagnóstico, o tratamento e pautas de actuación desde a familia e o centro educativo, especialmente o papel do departamento de orientación e do persoal docente ao longo das diferentes etapas. Tamén se afondará na evolución da dislexia na adolescencia e na idade adulta, así como os efectos emocionais e no autoconcepto dos cativos e cativas. Departamento de Comunicación / Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias