A 36
edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, acolleu hoxe o acto de traspaso de funcións de coordinación da España
Verde a alianza turística que aglutina ás rexións cantábricas co obxectivo de
promocionar a súa imaxe no exterior.
Neste ano, Galicia
será a encargada de coordinar as actividades de promoción das catro comunidades
que integran o convenio: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco. Durante o
acto, a directora de Turismo de Galicia destacou que este órgano converteuse
nunha peza fundamental para a promoción do norte peninsular.
Segundo
sinalou Nava Castro, as cifras ano tras ano veñen confirmando a validez deste
instrumento de colaboración impulsado polas catro comunidades autónomas do
Norte de España. Neste
senso, a responsable de Turismo da Xunta destacou a importancia do intercambio
de experiencias de investigación, promoción e dinamización turística e cultural
dos territorios socios deste proxecto para a consolidación da España Verde como
un destino competitivo e de calidade.
“Desde
Galicia continuaremos apostando por este convenio interrexional e contribuíndo
a reforzar as accións de promoción turística internacional que posibiliten o
posicionamento deste destino que conformamos Galicia, Asturias, Cantabria e o
País Vasco para seguir, así, atraendo turistas aos nosos territorios”, afirmou
a directora de Turismo de Galicia.
Segunda xornada
Por outra
parte, nesta segunda xornada de Fitur o espazo galego acolleu un total de
dezaseis presentacións que puxeron en releve os principais recursos e destinos
turísticos de Galicia, así como as novidades da súa oferta turística para este
ano 2016.
Así, os
visitantes do stand deste certame turístico puideron afondar nos destinos de
Ferrol, Lugo, a Mariña Lucense, as Ría Baixas, Vigo, Ourense, Ribeira Sacra, O
Salnés e Arousa Norte, ou descubrir os novos trens turísticos de Galicia, os
mini cruceiros costeiros da comunidade galega, o Rally La Baule-Galicia, as
novidades da 29 edición do campionato Pantin Classic Pro ou o novo spot
promocional das Villas Mariñeiras.