O presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, non se presentará á reelección á fronte deste cargo, segundo confirmaron fontes do partido tras trasladar o propio Negreira a súa decisión na reunión que este mércores celebra a xunta directiva provincial.Negreira, que foi deputado autonómico e presidente de organismos como Portos de Galicia, compaxinou a súa actividade á fronte da presidencia provincial coa de alcalde da Coruña, tras a súa elección en 2011.
Ata 2015 estivo á fronte da Casa do concello coruñés ata que, nas pasadas eleccións municipais, a Marea Atlántica accedeu ao goberno local, co apoio, na investidura, dos socialistas. Dende entón, exerceu de deputado provincial e tamén de voceiro municipal na Casa do concello coruñés.O anuncio produciuse nunha reunión da xunta directiva provincial do PP coruñés, á que asiste tamén o presidente do PP e titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo. laregion