O membro
de dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE, Juan Fajardo, valorou esta
mañá datos de desemprego e a afiliación á Seguridade Social feitos públicos
hoxe. Neste senso, o deputado apunta que “Feijóo é o campión do paro no Estado
e, unha vez máis, coloca a Galicia no podium
da destrución do emprego. Están tan ocupados en ocultar as súas corruptelas que
esquecen atender a primeira necesidade do país, que é a creación de emprego”,
subliña.
“Nun
solo mes destrúen o 90% dos supostos postos de traballo creados en todo o 2015,
o que demostra a súa baixa calidade, a volatilidade do mercado laboral que
están a crear e a temporalidade como norma deste novo escenario”, explica. O
paro rexistrado chega ata as 7.639 persoas en Galicia, terceira comunidade onde
máis se incrementa, chegando a ser a primeira no país. Para Fajardo “compre revitalizar o sector primario e
industrial para xerar emprego estable e de calidade e, sobre todo, incrementar
as horas de traballo, xa que este índice volta baixar. Así, traballamos
menos horas, e traballa menos xente. Tamén existe un fomento do traballo non
remunerado como método de explotación protexido polo goberno Feijóo”.
Dende
Esquerda Unida destacamos que Galicia
rexistrou no pasado mes de xaneiro 15.240 afiliados menos á Seguridade Social, un dato demoledor que demostra un reflexo claro do fracaso das políticas de emprego do
Partido Popular que nos seguen a levar en senda descendente, mostrando un
aciago futuro para a clase traballadora.
Ademáis,
recordamos que a precariedade laboral cébase coas mulleres traballadoras, xa
que moitas sofren sobreexplotación e, grazas ás políticas neoliberais do PP,
cada vez están máis desprotexidas ante os abusos empresariais, o que dificulta
acadar a igualdade laboral.