El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

HOXE

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa

06-02-2016 16:58:36

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de hoxe. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), desde primeiras horas hoxe espéranse ventos do suroeste, de forza 8, e mar combinada do noroeste. As ondas oscilarán entre os 5 e 6 metros de altura.

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por ventos, que pode acadar refachos de ata os 100 km por hora e que afectará desde primeiras horas da mañá ás provincias da Coruña (noroeste, oeste, suroeste), Lugo (A Mariña, montaña) e Pontevedra (Rías Baixas). 

Os ventos serán máis intensos ás primeiras horas da tarde.Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. 

Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias