El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

O PPdeG renova tres das catro provincias

07-02-2016 10:36:05

Alfonso Rueda presentará a súa candidatura para presidir o PP de Pontevedra no congreso provincial de marzo. Onte anunciaba a súa decisión ante os medios. Dixo que dá o paso convencido de que é o lugar onde pode "ser máis útil" ao partido.

O número dous do PPdeG consultou a decisión con Rafael Louzán e co presidente Núñez Feijoó. Se resulta elixido, Rueda deixará a Secretaría Xeral dos populares galegos.Rueda, que de momento é o unico cándidato en Pontevedra, desvinculou a súa decisión dunha posible sucesión de Núñez Feijoo. 

Na provincia da Coruña dous homes optan a substituír a Carlos Negreira á fronte do Partido Popular: Javier Escribano e Diego Calvo. O actual delegado da Xunta dixo que quere recuperar a confianza dos cidadáns e que aposta por un equipo motivado para activar os afiliados do PP coruñés.En Lugo Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo e voceira do grupo provincial popular, postúlase para ser a nova presidenta, logo da renuncia de Barreiro... Pero todo indica que haberá máis aspirantes. 

Onde non se albiscan cambios é en Ourense. Xosé Manuel Baltar foi proclamado candidato único á presidencia, para o congreso que celebrarán os populares ourensáns o 5 de marzo. Crtvg





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias