El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

PONTEVEDRA

A Xunta demanda a Ence máis inversións ambientais

24-02-2016 18:28:38

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a Xunta estará moi vixiante no cumprimento estrito de todos os compromisos adquiridos por Ence para a súa factoría de Pontevedra, moi especialmente no referido á parte ambiental, un eido  no que “non só nos quedaremos no xa comprometido, senón que esixiremos máis”, incidiu Mato.   

Por iso, hoxe mesmo, anunciou a conselleira, “veño de manter unha reunión con responsables de Ence aos que lles solicitei un maior compromiso en materia ambiental, especialmente no eido da depuración na zona de Pontevedra e a posta en marcha de novos proxectos no eido forestal, así como información directa e concreta sobre o cronograma de investimentos contemplados na solicitude de prórroga”.   

Así mesmo, nesa reunión, Mato pediu ademais a axilización dos proxectos xa anunciados, co obxectivo de que todos poidan estar iniciados antes do mes de agosto. A titular do departamento autonómico lembrou hoxe no pleno do Parlamento que Ence cumpre os parámetros ambientais e que isto deberá seguir sendo así porque, para continuar coa súa actividade, a factoría terá que cumprir as novas esixencias da Unión Europea, condicións que cada vez son máis esixentes. Nese sentido, avanzou que antes de outubro de 2018 terá que someterse a unha nova revisión e avaliación das condicións ambientais.   


Autorización de permanencia 

Beatriz Mato aclarou que o que a Xunta fixo, en relación coa concesión de prórroga de Ence, foi cumprir coas súas obrigas emitindo o informe ambiental solicitado polo Ministerio, “non foi unha resolución da Administración autonómica”. O papel da Xunta neste proceso limitouse a dar resposta a unha solicitude do Estado para dar conta dos requisitos ambientais da autorización coa que conta Ence desde 2008.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias