El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Ana Pontón aposta por un “debate sereno” de cara á “refundación” do BNG

26-02-2016 17:11:48
Ana Pontón, candidata á voceira do BNG.

A deputada Ana Pontón, que encabeza unha das dúas listas para o Consello Nacional, fai un chamamento á participación na Asemblea Nacional do domingo 28 de febreiro e confía en que nela se produza un “debate sereno, tranquilo e sosegado do que saia o BNG como unha organización viva de cara a afrontar os debates políticos do futuro”. 

Pontón defende, como militante nacionalista, que “é vital manter o proxecto nacionalista tamén na súa expresión electoral e, aínda que o BNG deba ter unha estratexia poselectoral co fin de mudar o goberno da Galiza non pode participar en proxectos capitalizados por iniciativas estatais”. No discurso en que defenderá a candidatura que encabeza, Ana Pontón apostará por manter a “autorganización con espazos de decisión non subordinados ás directrices de Madrid, optando pola autodeterminación nos ámbitos que dependen de nós. Trátase, en definitiva, de que tomemos as rendas do noso futuro, ver o mundo desde a nosa realidade lonxe da subordinación que estamos a ver noutras alternativas políticas”. 

Confía tamén a candidata á portavocía que na asemblea se produza un debate profundo e aberto en que se recoñezan os erros propios e se abran novos camiños de cara ao futuro, mostrando máis unha vez a condición democrática e participativa do BNG. “Que o debate sexa tan real e profundo como necesitan estes tempos en que temos que ter presentes as perspectivas do futuro, cunha posíbel repetición das eleccións xerais e a incógnita de cando serán as do Parlamento Galego. O proceso de refundación do BNG ten, por obriga, que ter en conta este contexto”, defende Pontón dunha decisión que recae na militancia “de forma libre e democrática”. 

“Coñecemos as dificultades mais, entre todos e todas, temos que afrontar o futuro con enerxía, valor e optimismo porque o que nos une no BNG é esa confianza en que o nacionalismo ten que ter futuro polo ben da Galiza”, apunta a poucas horas de defender a listaxe coa que concorre á XV Asemblea Nacional do BNG e que está composta tamén por Goretti Sanmartín Rei, Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, Noa Presas Bergantiños, Rubén Cela Díaz, Carme da Silva Méndez, Yéssica García ou Luís Pérez Barral  nos seus primeiros postos. Departamento de Comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias