El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Ana Pontón: "O discurso de Pedro Sánchez soou a preelectoral con cambios cosméticos"

01-03-2016 19:31:13

O BNG considera que o debate de Pedro Sánchez como candidato do PSOE á Presidencia do Estado foi en realidade un debate preelectoral que non inclúe cambios de calado na política de dereitas aplicada polo actual executivo en funcións do PP, e sen recoñecemento algún do dereito dos pobos a camiñar cara maiores cotas de soberanía.   

“O discurso de Pedro Sánchez soou a preelectoral con cambios cosméticos no social baseado nun pacto previo coa dereita de Ciudadanos,  un discurso que non aporta  solucións aos problemas urxentes dos galegos e das galegas e que tampouco aporta  resposta algunha ás demandas de maior autogoberno, -máis aló dun federalismo retórico-, que permita ter ferramentas eficaces para afrontar os problemas do noso país”, valorou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.   

“Resulta lamentable constatar, unha vez máis, que para as forzas estatais, mesmo as que se cualifican de progresistas, Galiza é un cero á esquerda”, salientou Pontón. Departamento de comunicación        





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias