A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro
Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa
capacitación dixital”.
A iniciativa, organizada pola
Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración co Amtega, ten como
obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das
Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso chave mellorar as
competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social
Dixital.
No encontro participan máis de 100
profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias
do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, e innovadores,
usuarios, e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT. galega. A inscrición é de balde e poderá efectuarse a
través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT inscrición ao
evento.
O evento retransmitirase por emisión por streaming en http://comunidaddetelecentros.net/directo/
e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro e #telecentros.
Programa
Durante a xornada, Ver
programa e Ver
díptico programa, celebraranse
catro mesas de debate. Na primeira abordarase a a acreditación de competencias
dixitais, expoñendo a experiencia
galega do CODIX (Certificación
de Competencias Dixitais en Ofimática),xunto co modelo andaluz de
formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o
papel e as iniciativas de Telecentre Europe
sobre este tema e o seu posicionamento con respecto ao informe europeo DIGCOMP, o
marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.
Na segunda das mesas analizarse o programa
europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs,
que quere reorientar a traxectoria formativa dos e as mozas cara ao ámbito TIC
para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades
laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación Tecnoloxías
da Información de AMETIC falará tamén sobre os “Os perfís profesionais da
transformación dixital.”
A terceira das mesas debate abordará proxectos de innovación social dixital
como CeMIT-innova, impulsada pola Amtega
en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital
en 9 aulas da Rede CeMIT;O proxecto O cable amarelo, para a construción dun
ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e a experiencia de
deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL
de Castela e León.
O programa do encontro complétase co Taller
práctico: “Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social
dixital nas redes de telecentros”, onde se verán os resultados dos pilotos que xa
se executaron na I Edición
CeMIT-Innova 2015
Unha vez máis o encontro das redes de
telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encuentro e #Telecentros, vía streaming streaming en e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de
telecentros https://storify.com/comunidadtc
na web da get online week.
Organizadores
Os impulsores deste XV Encontro no que colabora a Amtega son Asociación
Comunidad de Redes de Telecentros e
Telecentre Europe. A
Asociación, constituída no ano
2008, é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa
a 12 institucións publicas de 10 Comunidades Autonómicas que traballan
na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao
fomento da Sociedade da Información, en España mediante a promoción do acceso
da cidadanía ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Telecentre Europe é unha organización sen ánimo de lucro con sede en
Bruxelas. Actualmente os membros da rede representan a máis de 50 organizacións
membros en 32 países. Os membros e socios da rede teñen como obxectivo,
mellorar a inclusión dixital europea e o sector da cultura dixital, integrando
a todas as asociacións e redes non gobernamentais que traballan pola inclusión
dixital na UE.