A directora xeral de Conservación da
Natureza, Ana María Díaz, participou esta mañá no inicio da tempada de pesca
fluvial en Galicia, unha actividade para a que se expedirán unha oferta de
300.000 permisos de captura nos coutos fluviais da Comunidade, unha cifra
similar á da tempada pasada. Nesta tempada, Galicia conta con 149 coutos de
pesca, un máis que na tempada pasada, ao engadirse este ano o couto de
Carboeiro no río Deza, nos municipios de Silleda e Vila de Cruces, e con 68
tramos libres habilitados para a modalidade de pesca sen morte, dos cales 12
son novos.
A directora destacou que a pesca é unha actividade
deportiva que facilita o coñecemento sobre o medio natural e o comportamento
dos peixe e tamén ten potencialidade como dinamizador da contorna e do turismo
de natureza.