El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

O BNG quere "sumar" con Anova para derrotar ao PP

22-03-2016 20:59:04

Unha delegación da executiva nacional do BNG mantivo esta tarde en Santiago un encontro con responsábeis da dirección de Anova dentro da rolda de contactos con forzas políticas galegas  acordada pola militancia na XV Asemblea nacional do pasado 28 de febreiro.   

Na reunión, o Bloque trasladoulle a Anova a súa vontade a sumar para a conformación dunha candidatura nacionalista de esquerdas, en clave de país, que teña o seu centro de decisión en Galiza, unha candidatura derivada dun proceso de acumulación de forzas, moi especialmente, de colectivos e persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas ou galeguistas, máis aló de que teñan ou non militancia organizada.   

O BNG trasladoulle a Anova que o obxectivo desta candidatura nacionalista é ser clave na derrota da dereita que representa o PP, ante a cita das eleccións galegas,  prioridade absoluta para o Bloque ante a toxicidade das políticas de Feijóo que teñen derivado en desemprego, emigración masiva de xente moza, devalo dos sectores produtivos, recorte de servizos públicos e de prestación sociais e unha perda de peso político e do autogoberno de Galiza.   

Neste sentido, o BNG tamén trasladou a Anova que respecta pero non comparte estratexias de concorrencia ás eleccións con forzas políticas de ámbito non galego, ao considerar que Galiza precisa máis que nunca un proxecto nacionalista autoorganizado sen supeditacións.   

O Bloque agradece ás responsábeis de Anova a asistencia ao encontro, que descorreu con cordialidade, e seguirá coa rolda de contactos con forzas políticas galegas dando cumprimento ao mandato da militancia. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias