El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN 2015

Galicia rexistrou máis de 150.000 sinistros por seguros agrarios

26-03-2016 13:33:56
Xuntanza entre Belén do Campo e Ramón Martín.

Ao longo de 2015 declaráronse en Galicia un total de 156.607 sinistros relacionados cos seguros agrarios e pagáronse indemnizacións por valor de máis de 21 millóns de euros. A Consellería do Medio Rural achegou 4.750.000 euros para financiar estas coberturas, cantidade idéntica á destinada no 2016.   

Estes datos foron analizados nunha xuntanza de traballo mantida entre a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e Ramón Martín, director territorial para o Noroeste de Agroseguro, a entidade encargada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para xestionar as liñas de seguros agrarios.   

Estas pólizas agrarias dan cobertura aos danos rexistrados nos diferentes cultivos, nas explotacións e pola retirada e destrución de cadáveres de gando. En relación con este último aspecto, nesta reunión avaliouse a posibilidade –comprometida pola directora xeral– de estudar o incremento da porcentaxe de axuda que aporta a Consellería para o sector cunícola, dado o incremento do custo que se deu nestes últimos anos, por riba da medida do resto de sectores.   

As principais liñas de seguros agrarios en Galicia, por número de pólizas, corresponden precisamente á retirada e destrución de cadáveres, seguidas das que dan cobertura ás explotacións (sobre todo de gando vacún) e por último as referidas aos cultivos.   

Nesta xuntanza de traballo avaliouse tamén a colaboración entre a Consellería e Agroseguro de cara a celebración, na próxima quincena de maio en Galicia, dun encontro sobre a nova campaña de seguros agrarios.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias