El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

DO 21 AO 31 EN BRASIL

Turismo de Galicia, na feira World Travel Latin America

27-03-2016 12:49:29

Este mes de marzo, o turismo galego estará presente en Brasil na feira World Travel Latin America que se celebrará do 29 ao 31 de marzo en São Paulo. Esta será a segunda vez que Turismo de Galicia participe neste certame profesional que este ano celebra a súa terceira edición, no marco do encontro anual da Asociación Brasileira de Operadoras de Turismo (BRAZTOA).   

Nesta nova edición da World Travel Latin America, o departamento de Turismo da Xunta contará cun espazo propio para a promoción do turismo galego e para manter reunións cos profesionais interesados na oferta turística galega.   


Demanda turística 

 No ámbito da demanda turística, a oferta galega mantén o seu atractivo en Brasil, tanto pola proximidade do idioma como pola variedade dos seus recursos, entre os que destacan a enogastronomía e o Camiño de Santiago. Precisamente, Brasil, con preto de 4.000 peregrinos ocupou en 2015 o décimo lugar como país estranxeiro máis activo no Camiño de Santiago. Ademais, no que vai de ano, xa fixeron a Ruta Xacobea máis dun centenar de brasileiros o que supón unha suba de preto do 2%.   

Por outra parte, con preto de 118.00 viaxeiros aloxados e 217.586 pernoitas no pasado ano 2015, o mercado americano -exceptuando EE.UU.- representou o 10,6% do total da demanda internacional de Galicia. Este segmento de turismo internacional experimentou un comportamento positivo en 2015, superando, nun 23% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 16% o volume de pernoitas, os rexistros do ano 2014.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias