El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG

Pilar Cancela: "Nas próximas semanas teremos un calendario de primarias”

28-03-2016 20:51:28

A secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, asegurou esta tarde en Santiago que “o PSdeG ten unha folla de ruta e estará preparado” para liderar o cambio político, fronte a un Feijóo “aburrido de Galicia”.  

Cancela ofreceu unha rolda de prensa tras a primeira reunión da xestora do PSdeG, na que quedou constituída formalmente. “Falamos da situación do partido e decidimos seguir coa elaboración do programa electoral de cara ás eleccións autonómicas”, manifestou.   

Os grupos de traballo encargados da elaboración do programa terán esta mesma semana novas reunións con organizacións sociais e sindicais. “A folla de ruta continúa e temos meses de moito traballo por diante”, apuntou Cancela, que engadiu que “nas próximas semana estará fixado un calendario de primarias” para elixir a candidatura á presidencia da Xunta.   

“O PSdeG ten unha dirección orgánica e política, estamos nun ano decisivo para o futuro do país, cunha oportunidade histórica para mudar a cor política na Xunta”, explicou Cancela, que rematou afirmando “a necesidade de que a presidencia do goberno galego teña unha axenda social”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias