Con evasivas ante a prensa ata en catro ocasións, Núñez
Feijóo insistiu en que os dirixentes do PPdeG serán os que coñecerán de xeito
oficial en primeiro lugar a súa decisión sobre o seu futuro político, aínda que
deu a entender que Mariano Rajoy xa o coñece, algo que o propio xefe do
Executivo en funcións insinuou este semana.
Este sábado os populares galegos fixarán a data do seu
congreso autonómico que se celebrará na primeira quincena de maio para elixir a
persoa que encabezará a lista nas eleccións galegas, en principio previstas
para o outono. E Núñez Feijóo dirá sí a
un terceiro mandato á fronte da Xunta.