A soprano Catherine Wyn-Rogers substitúe esta semana a Jennifer Larmoore nos concertos da Orquesta Sinfónica de Galicia. Unha enfermidade obrigou a Larmoore a cancelar os seus compromisos coa orquestra, que ofrecerá dous recitais esta semana: o xoves, en Vigo, e o venres, na Coruña. Roberto Abbado dirixirá durante estas dúas xornadas un programa francés con obras de Frank, Berlioz e Ravel.