El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Os socialistas galegos premian ás mulleres do cerco

29-04-2016 21:35:05
O PSdeG premia ás mulleres do cerco.

Os socialistas galegos recoñeceron esta tarde “o traballo e a loita durante moitos meses” das mulleres do cerco, que recibiron o segundo Premio de Igualdade María Vázquez.   

Nun acto celebrado no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago, a presidenta da Comisión de Igualdade nas Cortes e da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, manifestou que “hoxe celebramos un día importante para os socialistas, porque a igualdade levámola no noso ADN”.   

“Este ano recoñecemos a labor das mulleres do cerco, exemplo de como a nosa forza, a das mulleres, foi fundamental nas reivindicacións deste colectivo pesqueiro; elas representan á perfección o espírito de María Vázquez”, apuntou, antes de garantir “o compromiso dos socialistas galegos coa igualdade, unha palabra que precisa de ser defendida na súa totalidade nuns tempos moi difíciles e de recortes en dereitos e liberdades por un PP de Feijóo, de Baltar ou de Rajoy”.   

Vázquez foi violada e asasinada na praia da Miño en agosto de 1936 polos falanxistas e neste mesmo lugar celebrouse hoxe pola mañá unha ofrenda floral coa asistencia de Carmen Acuña, deputada socialista, Catalina Morado, secretaria xeral do PSdeG de Miño, e numerosos cargos do partido na comarca.   

As mulleres do cerco fixéronse visibles á opinión publica nos últimos meses do 2015, no medio do conflito no que estaba inmerso o sector polo inxusto reparto de cotas. O problema non só afecta a armadores e mariñeiros, senón que arrastra todo un tecido económico e social estratéxico en varios municipios costeiros.   

No acto desta tarde, recibiu tamén unha homenaxe Carmen Feteira, falecida recentemente. Foi unha das fundadoras da asociación progresista Alba, referente feminista e a primeira concelleira de Igualdade de Ames co PSdeG. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias