El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Nacional

EN MOAÑA

Efectivos de emerxencias traballan na extinción dun lume nunha nave industrial

09-05-2016 21:47:15
lume nunha nave industrial.

Efectivos de distintos corpos de emerxencias traballan arestora para tentar controlar e extinguir un lume que se orixinou nunha nave industrial no concello pontevedrés de Moaña. O 112 tivo constancia do incendio, que ten lugar no lugar de Verdeal, na parroquia de Domaio, contra as 18 horas, e polo momento descoñécense as causas do lume, que presumiblemente se iniciou nunha estancia situada na parte alta da nave.   

Ante a posibilidade de que se producise algunha fuga dalgún material químico cos que se traballaba na nave, como amoníaco, vense de activar o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1. Do mesmo xeito, tamén se activou o Plan de contaminación mariña de Galicia (Camgal) en fase de alerta, ante a posibilidade de que se produza un episodio contaminante.   

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizou de inmediato os bombeiros do Morrazo, de Vigo, do Baixo Miño e do Salnés- Ribadumia, que enviaron dotacións ao lugar e que traballan nos labores de extinción, especialmente para evitar que o lume se propague ao resto das instalacións. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias está en alerta por se fose precisa a súa mobilización.   

O lume está a provocar unha intensa fumareda que provocou problemas de visibilidade en vías como a autoestrada AP-9, sendo tamén informada a Garda Civil de Tráfico, que confirmou o corte desta vía á altura de Rande. Así mesmo, levouse a cabo dende o primeiro momento a evacuación dos traballadores da nave e posteriormente se ten advertido aos veciños da zona que tomen as medidas de autoprotección precisas, como que permanezan nas súas casas e pechen portas e fiestras, dada a proximidade da nube de fume ás súas vivendas.   

Ata o lugar desprazáronse a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o director xeral de Emerxencias, Luis Menor. No marco do Camgal decidiuse enviar á zona o buque Irmáns García Nodal, e ata alí tamén acudiron un equipo do Plan de control de verteduras de Augas de Galicia e técnicos de Calidade Ambiental para facer medicións da calidade do aire e das augas.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias