O reconto provisional de avais dos precandidatos dos socialistas de Galicia deixa en principio como dous únicos candidatos nas primarias á Xunta a José Luis Méndez Romeu e Xoaquín Fernández Leicega. Méndez Romeu recibiu 2539 avais válidos por 2216 de Xoaquín Fernández Leiceaga.
Pola súa banda, Gonzalo Caballero non acadou o 10% de avais necesarios para a candidatura, con 556 válidos. Á espera dos datos definitivos, os precandidatos terán prazo para presentar recursos ata o 18 de maio, sendo o 19 de maio a proclamación definitiva. Comunicación PSdeG-PSOE