El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Leiceaga: “Estaremos á altura das circunstancias e faremos un traballo intenso de contacto coa sociedade”

30-05-2016 16:20:30
Xaquín Fernández Leiceaga.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “a principios do mes de xullo teremos listo o programa electoral, os socialistas galegos seremos unha alternativa sólida” para disputarlle o goberno ao Partido Popular.   

En declaracións aos medios de comunicación, Leiceaga apuntou que “hoxe mesmo empezamos a organizar o traballo e a axenda pensando nas eleccións de outono”. “Queremos difundir as nosas propostas entre os colectivos sociais e grupos organizados que poidan aportar as súas demandas”, manifestou.   

“Estaremos á altura das circunstancias e faremos un traballo intenso de contacto coa sociedade”, asegurou Leiceaga, que recoñeceu que está “contento e satisfeito, pero tamén asumindo a responsabilidade que temos os socialistas por diante”.   

“O PSdeG xera moitas expectativas e temos que estar á altura das circunstancias”, engadiu o candidato socialista, que atopou no partido “un ambiente de traballo e colaboración”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias