El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SAÚDE

Galicia rexistra preto de 3.000 afectados de Esclerose Múltiple

05-06-2016 12:45:25
IV Encontros de Esclerose Múltiple.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña comprometeuse hoxe, na clausura dos IV Encontros de Esclerose Múltiple, a seguir traballando, innovando, investigando e prestando unha atención de calidade, multidisciplinar e integral a todos aqueles pacientes que padecen esta patoloxía.   

Nos últimos anos, o avance continuo en investigación biosanitaria posibilitou acadar un aumento do diagnóstico precoz e un desenvolvemento de novas terapias máis eficaces que permiten controlar os síntomas e axudar ao doente a manter una calidade de vida normal.   


Prevalenza da enfermidade

En Galicia, 9 persoas son diagnosticadas cada mes de esclerose múltiple e, en total, estímase que hai 2.700 afectados. Trátase da enfermidade neurolóxica crónica máis prevalente e tamén a causa de discapacidade de orixe neurolóxico máis frecuente en adultos mozos en Europa.   

España é considerada unha zona de risco medio-alto con 47.000 persoas que padecen esta doenza. Neste senso, os últimos estudos mostran unha prevalenza de 75-80 enfermos por cada 100.000 habitantes. Por este motivo, “desde o punto de vista da súa repercusión social e sanitaria, é evidente a importancia desta patoloxía”, afirmou Almuiña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias