Sociedad
22-02-2007
A exposición "Entre la palabra y la imagen", producida pola Fundación Luis Seoane, chega ao Museu da Cidade de Lisboa. A mostra, que se inaugura esta noite, analiza as experiencias de preto de 40 artistas españois, portugueses e brasileiros a través da relación entre a imaxe e a palabra.
As pezas presentes na exposición, que van dende os anos 60 ata a actualidade, teñen como expresión a poesía, o diario íntimo, a lingüística e a crítica social por parte de artistas de diferentes xeracións.
A mostra abriuse na Fundación Luis Seoane da Coruña o pasado 5 de xullo, e agora poderá verse ata o mes de abril no Museu da Cidade de Lisboa.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias