El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Leiceaga, sobre Alcoa: "Non pode haber este velo de silencio"

06-06-2016 20:32:01

San Cibrao.- O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiu hoxe “moita máis información” sobre o futuro de Alcoa, “non pode haber este velo de silencio” arredor dunha industria tan importante para Lugo, A Coruña e o conxunto de Galicia.   

Leiceaga visitou a fábrica de Alcoa en San Cibrao e mantivo unha reunión cos traballadores do comité de empresa, xunto coa presidenta da xestora e candidata ao Congreso Pilar Cancela; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; os cabezas de lista ao Congreso e o Senado na provincia de Lugo, Margarita Pérez Herráiz e Ricardo Varela, e representantes e alcaldes do partido na comarca.   

“Escoitamos as explicacións do comité e estamos dacordo con eles na necesidade de ter unha maior información, falamos de 1.600 empregos directos entre San Cibrao e A Coruña, está en xogo o futuro dunha industria moi importante para o PIB galego que sempre contou cunha implicación pública permanente”, manifestou.   

“Falamos tamén cos traballadores da importancia de contar cun control e unha supervisión adecuada do que está pasando”, engadiu Leiceaga. “O custo da enerxía é outro tema fundamental, é importante que os custos de subministro se reduzan”, dixo o candidato do PSdeG, que considera necesario “garantir a unidade do complexo”. Comunicación PSdeG-PSOE





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias