El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Leiceaga: "Os socialistas seremos a forza política de referencia"

07-06-2016 20:22:15

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “os socialistas galegos temos unha proposta firme e sólida, centrada nas necesidades de Galicia, para ser a alternativa ao PP”.   

Leiceaga mantivo esta tarde en Compostela unha reunión cos dous ex presidentes socialistas da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. “Quería explicarlles as claves do meu proxecto e intercambiar opinións con dúas persoas tan relevantes no partido”, manifestou o candidato.   

“O PSdeG é unha forza política coa experiencia necesaria para presentarse con solvencia ás eleccións de outono, pero tamén con capacidade de renovación”, dixo Leiceaga, que lembrou que os gobernos de Laxe e Touriño “representaron un cambio na forma de facer política”.   
“Agora estamos na fase de construír unha alternativa sólida e para iso é importante integrar todas as forzas no proxecto, combinando renovación con experiencia”, engadiu o candidato dos socialistas galegos, que sostén que “o PSdeG será a forza política de referencia”.   

Pola súa parte, Touriño afirmou que “Galicia necesita un profundo cambio e unha transformación; Leiceaga será un bo presidente que ama e coñece ben o país, ten sobrada experiencia e capacidade para liderar o goberno e afrontar unha renovación social e económica”.   

Por último, González Laxe lembrou que “nos sistemas democráticos sempre houbo alternancias e aquí chegará en outono; agora está Feijóo e nuns meses estará Leiceaga”. Comunicación PSdeG-PSOE





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias