O Concello da Coruña sitúase na sexta posición dos municipiosde todo o Estado con maior penetración nas redes sociais. Segundo un estudo recente asinado pola consultora de comunicación ACH Cambre,
A Coruña sitúase entre os dez primeiros concellos que gozan de maior número de seguidoras e seguidores entre a súa poboación. Na mostra, elaboradasobre datos obtidos tanto do Instituto Nacional de Estatística como dos propios perfís oficiais na rede de 50 capitais de provincia, o municipio obtivo un ratio de case o 60% entre o número seguidoras e seguidores que ten nas redes sociais e que pertencen á poboación do termo municipal.
As cidades que gozan da maior repercusión entre a súa veciñanza son Barcelona, Girona e Lleida, cun índice superior ao 100% ao ter un maior número de seguidoras e seguidores que depoboación, seguidas de Santander (78,4%), Segovia (69,1%) e A Coruña (59,2%).
Galicia
En Galicia o municipio coruñés sitúase a cabeza desta lista, por enriba de Ourense (33%), Pontevedra (21%) e Lugo (14%). O Goberno local abriu perfís nas redes sociais Facebook e Twitter o 10 de xullo de 2015. Desdeentón, conta cunha presenza relevante entre os perfís locais ao ofrecer comunicacións oficiais de interese para a cidadanía.
Entre os contidos que se atopan mestas redes sitúanse informacións sobre as decisións e propostas do executivo municipal, avisos de interese ou axenda municipal, así como aretransmisión ao vivo de eventos como as sesións plenarias ou encontros ‘Dillo ti’.
O estudo tamén conclúe que o rexedor coruñes se sitúa na sexta posición dos alcaldes e alcaldesascon maior repercusión nas redes sociais cun 11,5% de penetración entre a poboación, unha lista que encabeza o rexedor de Cádiz, José María González ‘Kichi’, seguido da alcaldesa de Barcelona, Ada Colau (42%), o primeiro edil de Soria, Carlos Martínez (20,1%), a rexedora de Madrid, Manuela Carmena (17%) e o alcalde de Lleida, Àngel Ros (13%).
Desde xeito, A Coruña é a única das catro localidades do Estado, xunto a Barcelona, Lleida e Toledo, na que tanto os perfis institucionais como os das e dos primeiros edís sitúanse entre os 10primeiros postos do índice de penetración entre a pobocación. Departamento de comunicación