El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG

Leiceaga: "Feijóo é un bo comentarista da oposición"

09-06-2016 20:42:42

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “Feijóo é un bo comentarista da oposición, pero non traduce a maioría absoluta que ten en mellorar a situación social e económica de Galicia”.   

Leiceaga reuniuse hoxe cos secretarios xerais de UXT e CCOO en Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión. A preguntas dos medios de comunicación e en referencia ao acontecido onte na sesión de control do Parlamento, Leiceaga afirmou que “non me sorprende a actitude de Feijóo, utiliza as súas prerrogativas de forma pouco útil”.   “Debería preocuparse dos problemas da industria, o lácteo ou o AVE, pode ser un bo tertuliano, pero dificilmente ten talla para ser presidente da Xunta”, engadiu o candidato socialista, que recoñeceu o seu interese en que “o meu primeiro contacto formal con organizacións sociais representativas fora cos dous sindicatos”.   

“Compartimos a preocupación pola situación do mercado laboral e polas políticas dos últimos anos, coñezo as súas vinte actuacións urxentes para o progreso e o benestar social e coincido cos sindicatos na súa diagnose e na orientación das súas propostas”, explicou Leiceaga, que manterá novas reunións cos representantes dos traballadores despois das eleccións xerais.   

“Presenteille o meu proxecto para as autonómicas de outono e colaboraremos nos próximos meses, xa que os socialistas apostaremos tamén por medidas contra a desigualdade e na busca de solucións para frear a precarización do mercado de traballo e de diferentes sectores produtivos”, engadiu.   

Tanto Gómez como Sánchez Aguión agradeceron “a deferencia de reunirse con nós” e amosaron a súa confianza en que “poidamos mudar a realidade, é posible desenvolver outras políticas con melloras para os traballadores”. Comunicación PSdeG-PSOE





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias