El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

XUÍZO | CARREXO DE VOTOS

Yolanda Díaz: "Esiximos a Feijóo que condene os feitos e garanta que non se repitan nunca máis"

09-06-2016 22:56:32
Yolanda Díaz e Ramón Vázquez.

A coordinadora de Esquerda Unida e candidata de En Marea pola provincia de A Coruña, Yolanda Díaz, xunto co deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida, Ramón Vázquez, ofreceron esta tarde unha rolda de prensa na que celebraban a decisión da xuíza de procesar a catro membros do PP como presuntos autores dun delito electoral: José Luís Iravedra, Teresa Taboada, Serafín Rodríguez e Benigno Gómez. 

“Consideramos un éxito para a democracia que se vaia celebrar o primeiro xuízo do país por un tema de carrexo de votos, unha práctica, por desgraza, estendida e asumida polo PP en Galicia. O considero un paso esencial na titánica loita de rexeneración democrática no noso país”, sinalou o deputado Ramón Vázquez. 

“O presidente do PP de Galicia, e dos galegos e galegas, debe cesar de todos os seus cargos ás persoas implicadas neste asunto e debe dar cumprimento do seu almidoado código ético, facendo asumir responsabilidades a aquelas persoas implicadas nesta trama e nas que pende a apertura da fase do xuízo oral”, destaca a coordinadora de EU, Yolanda Díaz. 

Segundo recorda Ramón Vázquez, “este feitos que denunciamos tiveron lugar nos pasados comicios do 21 de outubro de 2012 e foron expostos por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), primeiro, ante a Xunta Electoral e, despois, no xulgado”. Concretamente, Esquerda Unida decidiu presentar a denuncia despois de que o deputado de AGE, Ramón Vázquez, fose testemuña dos feitos, xa que se atopaba ás portas do colexio cando chegaron, procedentes do asilo e cos residentes, monxas e membros do PP “os mesmos aos que agora pedimos que asuman as súas responsabilidades políticas”, esixe o deputado. 

Para Díaz, “o feito de que cargos do PP se senten no banquillo por actos tan execrables, e que todos puidemos contemplar nas fotos, na que altos responsables do PP que trasladaban anciáns, aos que o propio IMELGA dictaminou que non estaban en condicións para exercer o seu dereito ao voto, xa que tiñan alteradas as súas facultades cognitivas, é un feito histórico que celebramos, aínda que esiximos responsabilidades políticas e así o fixemos dende o minuto un”. 

Neste sentido, Ramón Vázquez recordou que “Teresa Taboada resultou nomeada membro do comité executivo provincial do PP de Lugo, celebrado o pasado marzo e asume o cargo de coordinadora sectorial neste órgano. Se verdadeiramente a presidenta do Partido Popular de Lugo, a señora Candia pretende escenificar unha renovación do partido, tal e como presume, debe cesar a Teresa Taboada de todos os seus cargos, máis cando se presenta como o azote do control do goberno da deputación provincial”. 

Para Yolanda Díaz, “estos feitos demostran que os imputados formaron parte dun comando organizado do Partido Popular para carrexar votos e que agora, tal e como remarcamos, estas persoas deben asumir as súas responsabilidades políticas, xa que é bochornoso gañar unhas eleccións a este prezo: denigrando ás persoas e na ilegalidade”. “É un tema sumamente serio. Falamos de persoas en situación de especial vulnerabilidade, como son os residentes na Residencia Hogar San Roque, que exerceron forzadamente o seu dereito de voto portando a papeleta nun sobre pechado desde a salida da residencia, é un feito bochornoso e denigrante que está tipificado na normativa electoral”, critica Díaz. 

Finalmente, Ramón Vázquez incidiu en que pedirán a comparecencia como testemuña do ex presidente do PP provincial José Manuel Barreiro e da monxa directora do asilo para testificar como responsables desta aberración democrática. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias